O Curruncho(By Casa Morgade)

O Curruncho (by Casa Morgade)

Despois de anos adicados ao servizo e ao benestar do peregrino, decidimos habilitar unha segunda casa pegada ao edificio principal (Casa Morgade). Inaugurado na tempada 2020, O Curruncho e un espazo moi especial para toda a familia.

Antigamente adicado á gandeiría e a agricultura, O Curruncho é hoxe un espazo luminoso e amplo con fantásticas vistas que pretende ofrecer todas as comodidades aos seus hóspedes.

En consonancia co medio ambiente, quixemos utilizar enerxías renovables e material autóctono para a rehabilitación.

O Curruncho ofrece aluguer de habitacións para peregrinos en tempada alta e aluguer completo baixo petición.

Habitación en O Curruncho
HabitacionCasaMorgade.JPG

Aluguer casa completa

Se non estás a facer Camiño, pero estás buscando unha casa rural en Galicia para desfrutar dunhas vacacións a baixo custo en familia, O Curruncho by Casa Morgade é o teu lugar.

Baixo petición podes alugar a casa completa: Curruncho by Casa Morgade ten 16 camas en 7 habitacións con baño e tamén dispoón dunha gran sala de estar. O comedor e a cociña tamén se habilitan para este tipo de alugueres (cociña só dispoñible para o aluguer de toda a casa e fóra de tempada).