CoñeceCasa Morgade

Casa Morgade, aloxamento e restaurante no Camiño Francés

Casa Morgade naceu como hopital no Camiño de Santiago no 1200. Levamos adicamos ao servizo e ao benestar do peregrino dende hai máis de 800 anos nun enclave único. Na actualidade, esta empresa familiar segue a ofrecer aloxamento e servizo de restaurante no Camiño de Santiago.

Cunha forte tradición agrícola e gandeira, a casa foi restaurada seguindo a orixinal. As paredes son de pedra, conta con forno de leña e amplos patios e terrazas con inmellorables vistas. Casa Morgade está situada nunha zona montañosa, rodeada de exuberantes montes con árbores autóctonas, entre as que destacan os carballos e os castiñeiros.

Animámosvos a visitala as fantásticas chousas, vagoadas e montes que nos rodean. Deixadevos sorprender coa maxia desta terra! Quen sabe se así poidades atopar meigas, trasnos ou mouros.

Nos arredores de Morgade hai outros puntos de interese no Camiño de Santiago como a famosa “Fonte do Demo”, de pertenza á casa. Tamén a Capela de Morgade, un lugar onde centos de peregrinos deixaron testemuña dos seus pensamentos e experiencias no Camiño.

Etapa Sarria – PortomarínKm 100

Estamos situados nun punto clave para a obtención da Compostela, xa que a Casa Morgade atópase no km 100 (concretamente no 101.996) na metade da etapa Sarria – Portomarín sen desviarse da ruta do Camiño Francés. Atoparédesnos 500 metros despois de Brea e 1,5 km antes de chegar a Ferreiros.