En Casa Morgade demos un paso máis cara á sostibilidade coa instalación dun sistema solar fotovoltaico de autoconsumo. Este proxecto foi subvencionado por fondos europeos e reforza o noso compromiso co medio ambiente, reducindo a nosa pegada de carbono e apostando por unha enerxía limpa e renovable.
